18/06/2010

A materia e as súas propiedades

A materia é todo aquilo que ten masa e volume.
Hai propiedadess xerais e propiedades especificas.
Hai magnitudes fundamentais que se miden directamente e derivadas que se miden por combinacións matemáticas d.as fundamentais.
Son fundamentais: lonxitude, masa, tempo e temperatura.
Son derivadas: densidade, superficie e volume

07/05/2010

As bacterias

As bacterias son microorganismos unicelulares que pertencen ao reino Moneras, o único dos cinco grandes reino que posúen células procariotas.
As bacterias están formadas por:
-Membrana celular
-Parede celular bacteriana
-Cápsula bacteriana
-Citoplasma
-Material xénetico
-Flaxelos

Existen catro tipos de bacterias:
-Coco
-Bacilo
-Vibrio
-Espirilo

As bacterias son heterótrofas. Segundo o seu modo de vida poden ser:
-Parasitas
-Saprofitas
-Simbiontes
Existen tamén bacterias autótrofas, por exemplo as cianobacterias.

30/04/2010

Os protozoos

Os protozoos son organismos microscópicos de forma e tamaño variable, com células parecidas ás dos animais.
-Son unicelulares.
-Son heterótrofos.
-Viven en medios acuáticos.
Os protozoos que viven en medios acuáticos forman parte do zooplancto, do que se alimentan outros animais.
Segundo se desprazan poden estar en catro grupos:
-Flaxelados
-Ciliados
-Rizópodos
-Esporozoos

23/04/2010

Plantas e fungos

As plantas son organismos pluricelulares con células eucariotas.
Teñen nutrición autótrofa xa que fabrican o seu alimento, mediante a fotosíntese.
Non teñen capacidade de desprazamento e viven fixas no chan. Non obstante realizan pequenos movementos.

Os fungos poden ser unicelulares ou pluricelulares con células eucariotas.
Son heterótrofos e poden ser saprófitos se se alimentan de materia en descomposición ou parasitos, se se alimentan a expensas doutro ser vivo.
O seu corpo está formado por hifas, pequenos filamentos microscópicos moi ramificados.
Reprodúcense por esporas